Charla-coloquio en Ourense. Que é a Lei Mordaza?

Son moitos os exemplos que se nos poden vir á mente cando falamos de represión sobre os movementos populares porque son moitos os colectivos que a veñen sufrindo de multiples maneiras, especialmente nos últimos anos cando, co pretexto da crise sistémica do capitalismo que estamos a vivir, a incidencia da mesma non para de medrar. A chamada Lei Mordaza é unha medida máis do Partido Popular para o aumento da presión e a represión co obxectivo de manternos caladas e sumisas. Necesario é denunciar publicamente (e parar mendiante a mobilización e a axitación) un novo intento de vulnerar as liberdades que tanto esforzo e décadas de loita custou conquistar.

Por todo isto Isca!, xunto con outras organizacións da cidade de Ourense, convídavos a participar nunha charla-coloquio que terá lugar o vindeiro xoves 20 de novembro ás 19:30 horas no Edificio do Ferro e onde contaremos con Fernando Blanco Arce, activista de EsCULcA, observatorio para a defensa dos dereitos e liberdades que traballa polo afortalamento dos dereitos civís e democráticos.

Non faltes!

Partíllao!

Share on facebook
En Facebook
Share on twitter
En Twitter
Share on pinterest
En Pinterest
Share on whatsapp
Polo WhatsApp
Share on telegram
Ou polo Telegram
Share on email
Email

Deixa un comentario