Charla-coloquio sobre a folga xeral en Ourense

cartaz_charlamgs.JPGO vindeiro venres 21 de xaneiro ás 20:00hrs o Movemento Galego ao Socialismo e Isca! organizamos unha charla-coloquio sobre a necesidade da mobilización social fronte aos ataques do capital e a patronal e o imprescindíbel apoio á convocatoria de Folga Xeral que a CIG fai o xoves 27 de xaneiro en defensa dun emprego digno e contra as mentiras sobre a reforma das pensións. Mobilización social impulsada polo sindicalismo de clase do noso país mentres os sindicatos españois CC.OO e UGT manteñen as negociacións co Estado Español pactando o recorte de prestacións sociais e de dereitos das traballadoras e traballadores.

O coloquio, no que intervirá un compañeiro da CIG e que pretende un debate honesto e crítico sobre a situación da nosa clase e as iniciativas para resistir os ataques do capital, terá como eixe central a exposición dos motivos polos que é necesaria esta convocatoria de Folga Xeral e manter a tensión social e a mobilización na defensa dos intereses das traballadoras e traballadores do noso país.

Mentres os meios de comunicación silencian esta convocatoria e os sindicatos españois renuncian a mobilizar ás traballadoras e traballadoras, o nacionalismo continúa a demostrar a súa independencia e o seu compromiso co país e a clase traballadora convocando a unha mobilización masiva para rexeitar as medidas neoliberais de recorte de dereitos que tanto o PSOE dende o Goberno do Estado como o PP dende a oposición avalan como solución de saída a esta suposta crise do sistema na que novamente son as clases populares as que deben pagar a especulación do capital.

Venres 21, ás 20:00hrs
Centro Social A Esmorga (rúa telleira, 9) 

(Ourense)

Partíllao!

Share on facebook
En Facebook
Share on twitter
En Twitter
Share on pinterest
En Pinterest
Share on whatsapp
Polo WhatsApp
Share on telegram
Ou polo Telegram
Share on email
Email

Deixa un comentario