Charla-coloquio sobre a folga xeral na Coruña

Nun ano de goberno estatal do Partido Popular vimos de sumar un millon máis de parados e paradas, unha subida do IVE e o IRPF, reducións das prestacións de desemprego, das prestacións sanitarias, da calidade do ensino cunha subida das taxas e diminución das bolsas, o roubo continuado do salario das e dos empregados públicos, etc. Están a destruír os nosos dereitos que tanto tempo levou conquistar e na nosa man está tomar as rúas para responder de xeito contudente e definitivo a estas políticas ditadas polo capital transnacional e dirixidas a expoliar os recursos das clases populares.

Desde Isca! estamos a realizar un labor de concienciación entre a sociedade en xeral e na mocidade en particular sobre a importancia de tomar masivamente as rúas o vindeiro 14 de novembro e por isto organizamos (conxuntamente co MGS) o vindeiro venres 9 de novembro no local da Asociación de Veciños de Montealto (Campo de Marte s/n) un coloquio no que contaremos coa presenza de Ramiro Oubiña, membro da Executiva Confederal da CIG, onde abordaremos as razóns e a necesidade desta convocatoria. Proxectaremos tamén o documental da CIG “A crise, o sistema e a soberanía”.

Partíllao!

Share on facebook
En Facebook
Share on twitter
En Twitter
Share on pinterest
En Pinterest
Share on whatsapp
Polo WhatsApp
Share on telegram
Ou polo Telegram
Share on email
Email

Deixa un comentario