Charla da CIG-Mocidade: respostas da mocidade á crise

O xoves 11 de decembro ás 20 no Salón de Actos do local sindical da CIG de Vigo (R/ Gregorio Espiño 47) a CIG Mocidade organiza un encontro dirixido aos mozos e mozas traballadoras desta comarca. En primeiro lugar haberá unha charla e posterior debate sobre a crise social e económica e as súas consecuencias para a mocidade traballadora.

Nesta palestra participarán varios mozos e mozas de distintos sectores como o naval ou o telemárketing, cunha alta presenza de xente nova na comarca de Vigo nestes empregos. Estes mozos e mozas contarán a súa experiencia e as consecuencias que está a ter nos seus distintos sectores a cuestión da crise económica.Antolín Alcántara, secretario confederal da CIG de Saúde Laboral e Negociación Colectiva, intervirá tamén neste encontro para analizar a situación actual no mundo do traballo e apresentar as propostas sindicais da CIG para facer fronte á crise.

Retomar o traballo da CIG-Mocidade

Desde a CIG Mocidade anuncian tamén que “queriamos aproveitar esta xornada para encontrarnos e retomar o traballo da CIG Mocidade”, polo que realizan un chamamento á participación “xa que todos os mozos e mozas temos que organizarnos para combater a lacra da precariedade laboral, e máis neste momento de crise, na que milleiros de persoas están quedando na rúa sen traballo, e onde cada vez é máis difícil atopar un emprego no que se respecten os nosos dereitos laborais e sociais”.

orixinal tirado do portal da CIG

 

Partíllao!

Share on facebook
En Facebook
Share on twitter
En Twitter
Share on pinterest
En Pinterest
Share on whatsapp
Polo WhatsApp
Share on telegram
Ou polo Telegram
Share on email
Email

Deixa un comentario