Coa CIG na rúa o Dia da Clase Obreira Galega

A CIG celebra máis un ano o Día da Clase Obreira Galega, desta volta baixo o lema “En defensa do emprego e as prestación sociais”, que ilustra a demanda por parte da central sindical nacionalista de que non sexa a clase traballadora quen pague as consecuencias da crise.

Isca! participará nas mobilizacións e distribuirá colantes e exemplares da súa folla axitativa Rebater, centrados en evidenciar que o capitalismo é un sistema inxusto e insustentábel por definición que ten mais que demostrado o seu fracaso, e que é preciso comezar a construir alternativas ao servizo das maiorías sociais.

Todas as cidades galegas acollerán mobilizacións nas seguintes horas e lugares:

Ferrol: manifestación ás 20 horas dende o local da CIG (Avda. do Esteiro).

Vigo: manifestación ás 20:00 horas dende a Vía Norte.

A Coruña: concentración ás 12:00 e posterior manifestación até a Delegación do Goberno.

Compostela: concentración ás 11:30h na Praza de Galiza.

Pontevedra: Manifestación ás 12:00 dende o Pazo da Cultura até a Subdelegación do Goberno, con concentración na rúa Michelena.

Ourense: Concentración ás 11:30 horas na rúa do Paseo.

Lugo: Concentración dende ás 11:30 horas na rúa da Raíña.

A Mariña: Asemblea-concentración de delegados de Alcoa e fábricas auxiliares nas instalacións da empresa do aluminio.

Partíllao!

Share on facebook
En Facebook
Share on twitter
En Twitter
Share on pinterest
En Pinterest
Share on whatsapp
Polo WhatsApp
Share on telegram
Ou polo Telegram
Share on email
Email

Deixa un comentario