Coloquio: Venezuela, situación actual e perspectivas.

Hai pouco máis dun ano falecía o Presidente da República de Venezuela e lider do movemento bolivariano, Hugo Chávez, após 14 anos de ininterrumpido goberno revolucionario. Son moitos as actuacións que se nos poden vir á mente nas últimas datas de grupos da dereita golpista e axentes do imperialismo que teñen por obxectivo a desestabilización do país e a derrota dun dos referentes fundamentais da esquerda latinoamericana e mundial.

Por todo isto desde Isca! da Coruña consideramos indispensable coñecer os acontecementos que sucederon desde o falecemento de Chávez e a elección de Nicolás Maduro como novo presidente, as actuais protestas presentadas nos medios como grupos de estudantes indignados co goberno e do futuro dunha revolución que necesariamente debe continuar avanzando de batalla en batalla e de vitoria en vitoria.

Para isto contamos con Óscar Valadares, membro de Mar de Lumes – Comité Galego de Solidariedade Internacionalista, que conducirá unha charla – coloquio onde abordaremos todos estes temas e que terá lugar o vindeiro xoves día 20 de marzo a partir das 20:30 na Casa da Fariña sita na Praza da Fariña (Praza de Azcárraga) Nº6

Anímate e participa!

Partíllao!

Share on facebook
En Facebook
Share on twitter
En Twitter
Share on pinterest
En Pinterest
Share on whatsapp
Polo WhatsApp
Share on telegram
Ou polo Telegram
Share on email
Email

Deixa un comentario