Presentamos o noso Combater número 14!
Estes últimos meses vimos como o mundo se tranformaba nun
lugar aínda máis agresivo e incerto por causa da pandemia
mundial. Unha vaga de precariedade e represión que se suma a
unha nova crise económica que está por vir.
As mozas, especialmente as galegas, sabemos de traballos
temporais, de vivendas frías, de estudos innaccesíbeis e de
futuro lonxe da terra; mais tamén sabemos de imaxinar como
poderían ser as cousas se o que importase fosen as nosas vidas
por riba do lucro.
En Isca! estamos determinadas a loitar por un futuro que
mereza ser vivido para todas, un futuro onde non exista ningún
tipo de desigualdade. Coas ferramentas das que nos precederon
e coas propostas que as mozas militantes temos para achegar,
derrubaremos o vello mundo para construirmos a utopía.
Esta edición é especial, xa que ante unha pandemia global decidimos por primeira vez non sacar a versión física do Combater. Queres ler o noso voceiro nacionall? Podes descargalo directamente desde aquí.
Axúdanos a difundilo e debate connosco!