Co gallo dun novo Día da Patria, publicamos un novo número do Combater, o noso voceiro nacional. Descarga e difunde!
Hoxe en día, España domina unha relación colonialista co noso país. Unha relación que se resume no espolio dos recursos e da riqueza do noso traballo no noso país. Queremos rachar con todo o que representa España e o seu nacionalismo, xa que é un Estado irreformábel , e aadar un sistema que libere a todo ser humano.
Por soberanía entendemos a independencia como única vía para a consecución dun sistema comunista, deixando atrás o modelo capitalista no que a opresión é cada vez maior mentres que os dereitos sociais e laborais son cada vez menores. Só rachando co actual sistema económico poderemos deixar de ser a simple mercadoría coa que aumentan a súa riqueza os grandes capitais.
Por tanto, a independencia non é un fin, é unha ferramenta coa que garantir un fin maior: un sistema comunista que libere ao ser humano da explotación e do espolio capitalista.
A independencia é o inicio do camiño; o comunismo a nosa meta!