Combater nº15 - Voceiro nacional de Isca!

Máis información:

O noso voceiro nacional volve editarse un ano máis. Neste Combater tratamos diversos temas de carácter nacional e internacional, a pésima xestión do goberno estatal e do goberno do PPdeG en relación á crise sanitaria provocada pola pandemia, e aqueles aspectos que atinxen directamente ao presente e futuro da mocidade.

As mozas galegas estamos a ver como as nosas oportunidades laborais se ven cada vez máis reducidas: a precariedade do emprego, o aumento da taxa de paro e a falta de posibilidades reais de traballo digno atravesan a toda unha xeración cada vez máis afectada polas crises dos últimos anos. Ademais, a crise climática ameaza cada vez máis: mentres as potencias mundiais prefiren poñer medidas a modo de parche, o mundo estase a converte rapidamente nun espazo sen recursos naturais para a supervivencia do ser humano. A esto súmaselle a suba dos discursos de odio, especialmente dirixidos ao colectivo LGBT, como comprobamos nas distintas agresións trásnfobas e homófobas que se deron neste último ano.

En Isca! temos claro que só podemos superar este estado das cousas se somos quen de organizarnos e combater o sistema capitalista que nos asoballa. Só unidas, formadas e combativas seremos capaces de conseguir este obxectivo, de construír a utopía.

Descárgao aquí!

Artigos:

  • A bolsa ou a vida: restriçons à medida do capital.

Neste artigo analizamos cal foi o principal obxectivo das medidas que o sistema tomou para combater a pandemia. Nunha situación de extrema urxencia, as iniciativas que saíron adiante non tiveron como meta salvagardar a vida do pobo.