[Compostela] 200€ de sanción por isto?

cartazcomposMáis unha vez a represión golpea a mocidade rebelde do país. A noite do 15 de outubro a policía española sorprendía a un grupo de militantes de Isca! mentres levaban a cabo propaganda axitativa, procedendo a súa identificación e a conseguinte sanción económica: 200€ por dúas pintadas de pequenas dimensións feitas cunha plantilla.

As pintadas en cuestión eran o logo da nosa organización e un pequeno texto no que se podía ler “loitando.org“; ambas pintadas facianse con plantilla para que o resultado final fora atractivo e non tivera un impacto visual que crease rexeitamento. Chama a atención o importe das multas, bastante máis elevadas que as doutras faltas moito máis graves e que non teñen unha carga económica tan esaxerada, ou que incluso, en moitas ocasións, nin sequera son sancionadas. Podemos citar casos de pelexas, insultos e abusos que até poderían ser considerados delitos de odio, por ter compoñentes raciais ou ir contra mulleres ou persoas LGTBI+. Tristemente podemos observar case todas as noites como estes delitos fican impunes, mentres a hora de reprimir un acto político empréganse efectivos e medios até límites esaxerados, como se pode comprobar en múltiples ocasións.

Por este motivo, queremos deixar claro o fin político e o afán de escarnio das actuacións que realiza a policía, reprimindo moi frecuentemente aos colectivos xuvenís que nos posicionamos politicamente de forma clara. Saben que unha multa é unha forma sinxela e efectiva de desmobilizar a mocidade nun contexto de paro e crise social no que moitas persoas teñen problemas para asumir unha sanción económica. Polo que podemos constatar o seu aumento nos últimos anos.

Hai unha cousa que si temos clara, a represión non nós parará!

Partíllao!

Share on facebook
En Facebook
Share on twitter
En Twitter
Share on pinterest
En Pinterest
Share on whatsapp
Polo WhatsApp
Share on telegram
Ou polo Telegram
Share on email
Email

Deixa un comentario