[Compostela] Loita transfeminista e despatoloxización

actotransAs militantes de Isca! acreditamos na (auto)formación como unha das ferramentas precisas para loitarmos contra o modelo de vida e de relacións que nos impón o sistema, mellorando a nosa capacidade de acción política e militante para así transformar a realidade que nos tocou vivir. Acreditamos en que aprender sempre é a mellor maneira de avanzarmos, construindo alternativas aos poderes que nos queren ignorantes e sumisas.

Desta volta organizamos unha palestra baixo o título “loita transfeminista e despatoloxización trans“, porque é necesario aprendermos colectivamente a rachar co modelo que nos impón o capitalismo e o patriarcado. Cremos na necesidade de partillar preguntas e experiencias e dar pé á reflexión e ao debate polo que vos convidamos a asistir a esta xornada que terá lugar en Compostela, na Gentalha do Pichel (rúa Santa Clara, nº21) o venres 28 de outubro ás 20:30 horas coa presenza de Laura Bugalho.

Non faltes!

Partíllao!

Share on facebook
En Facebook
Share on twitter
En Twitter
Share on pinterest
En Pinterest
Share on whatsapp
Polo WhatsApp
Share on telegram
Ou polo Telegram
Share on email
Email

Deixa un comentario