Orixinal no bloque Somos Vuestra Peor Pesadilla
Desde a dinámica Somos o voso peor pesadelo, as organizacións xuvenís dos pobos oprimidos polo Estado español queremos amosar o noso apoio e solidariedade con Hassana Aalia, mozo saharaui ao que se lle negou o asilo político e que recibiu unha orde de expulsión a Marrocos, onde está condenado a cadena perpetua.
Hassana Aalia é un mozo activista da Asociación Saharaui de Vítimas polos Dereitos Humanos (ASVDH) en Territorios Ocupados do Sáhara Occidental, que foi condenado a cadena perpetua en febreiro de 2013 polo Tribunal Militar de Rabat. Hassana participou a finais de 2010 no campamento Gdeim Izik (campamento da dignidade) no que máis de 20.000 saharauis se manifestaron para exixir a liberdade do pobo saharaui e pór fin á ocupación e opresión que exerce sobre ellas o estado marroquí.
Hassana foi detido, torturado e condenado xunto a outras 24 saharauis. Mais este non é un feito illado, senón que a tortura e violación de dereitos humanos que Marrocos comete contra o pobo saharaui repítense de maneira sistemática ante os pasivos ollos da ONU (MINURSO) que lexitima a Marrocos como un aliado perfecto para defender os intereses capitalistas que as oligarquías europeas teñen no norte de África. Así mesmo, este non deixa de ser outro dos contínuos xuízos políticos cos que Marrocos pretende implantar unha política do medo que cale a voz do pobo saharaui.
A mocidade revolucionaria e combativa dos pobos oprimidos polo Estado español, en coherencia coa nosa razón de ser internacionalista, exiximos que o Estado español lle outorgue o asilo político a Hassana de forma indefinida, e reiteramos o noso apoio a todo o pobo saharaui no camiño á súa plena liberdade.
Viva o Sáhara Libre!
Construimos Solidariedade entre pobos!
“Mírame sempre, trata de entenderme, ver o meu destino coma o teu.
Nunca deixes de observarme. Se o fas, teremos desaparecido…”
Ali Salem Iselmu
.
Arran, Azarug, Briga, Darreu, Ernai, Inekaren, Isca!, Jaleo!!!, Purna e Yesca.