Concentracións contra a reforma da Lei do Aborto

abortoLibreIscaO PP finalmente levará a debate no día de mañá, 14 de abril, a reforma da Lei do Aborto. Esta reforma ataca directamente á faixa de idade máis vulnerable e con menos medios, como son as mozas de entre 16 e 18 anos. Se a proposta do ministro Gallardón supuña un retroceso sen precedentes no recoñecemento dos dereitos sexuais e reprodutivos das mulleres, un ataque á nosa liberdade e á nosa capacidade de autodeterminación en relación á sexualidade e a libre escolla da maternidade, este novo proxecto non é menos que todo iso.

Por isto animámosvos a participar nas convocatorias da Plataforma Galega polo Dereito ao Aborto no día de mañá:

  • Vigo: 19:00 horas diante do Marco.
  • A Coruña: 19:30 horas diante da sede do PP.
  • Compostela: 20:30 horas diante da sede do PP.
  • Ferrol: 20:00 horas na Praza de Armas.
  • Lugo: 20:00 horas diante da sede comarcal do PP.

#AlertaFeminista

Partíllao!

Share on facebook
En Facebook
Share on twitter
En Twitter
Share on pinterest
En Pinterest
Share on whatsapp
Polo WhatsApp
Share on telegram
Ou polo Telegram
Share on email
Email

Deixa un comentario