Concentracións contra un novo asasinato machista

Ante un novo caso de asasinato machista, o feminismo galego respostará na rúa con varias convocatorias en diferentes vilas e cidades galegas. Este asasinato supón o sétimo no noso país no que vai de ano e é preciso que se nos escoite, é preciso facermos ruido até rematar dunha vez por todas coa violencia machista e o feminicidio. Desde Isca! chamamos a toda a mocidade a secundar as convocatorias e a loitar día a día para derrubar esta sociedade machista e patriarcal.

O machismo mata!


O martes día 26:

  • Vigo, ás 20h no MARCO
  • Ferrolterra, ás 20h na Casa do Concello
  • Ourense, ás 20h diante da subdelegación do goberno
  • Lugo, ás 20.30h diante do Concello

O mércores día 27:

  • A Coruña, ás 20h no Obelisco
  • Compostela, ás 20.30h na Porta do Camiño.
  • Pontevedra, hora e lugar por confirmar.

Partíllao!

Share on facebook
En Facebook
Share on twitter
En Twitter
Share on pinterest
En Pinterest
Share on whatsapp
Polo WhatsApp
Share on telegram
Ou polo Telegram
Share on email
Email

Deixa un comentario