Concentracións en apoio á Frota da Liberdade

Apoio-AnaMirandaFacemos noso e difundimos o comunicado do Bloque Nacionalista Galego a respecto do asalto do exército sionista á Frota da Liberdade.

Na madrugada do día de hoxe buques de guerra da armada israelí asaltaron en augas internacionais a embarcación “Marianne”, pertencente á “Frota da Liberdade”, que se dirixía con material humanitario a Gaza. Nesta embarcación viaxaba a nosa compañeira Ana Miranda, xunto outros 16 tripulantes de diversas nacionalidades.

Ana Miranda e o resto de tripulantes viaxan agora retid@s e incomunicad@s polas forzas armadas israelís até o porto militar de Ashdod. Cómpre aclarar que o asalto, en augas internacionais, vulnera os máis elementais principios do dereito marítimo internacional: é un acto de auténtica pirataría. Pola información que posuímos, o goberno israelí vai negar asistencia consular á súa chegada a Ahdod, e todo indica que Ana Miranda e o resto de activistas serán conducidos a un “centro de detención” baixo xurisdición militar.

Desde o primeiro momento, o BNG está a realizar xestións urxentes perante o Goberno español, Comisión Europea e Xunta de Galiza co fin de reclamar a seguranza, integridade e posta en liberdade de Ana Miranda e o resto de activistas internacionais. Rexeitamos rotundamente este novo acto imperialista do estado de Israel, e manifestamos a nosa plena solidariedade co pobo palestino.

Accións valentes como a de Ana Miranda teñen como obxectivo, xustamente, o de pór en cuestión a impunidade do estado de Israel e reivindicar o fin do bloqueo a Gaza.

O BNG e outras asociacións de solidariedade con Palestina teñen convocadas concentracións urxentes nas cidades galegas no día de hoxe. Expresemos a nosa solidariedade, e asistamos:

  •  Compostela: 20.30 horas na praza do Toural.
  •  Vigo: 20.00 horas no Marco.
  •  Ourense: 20.30 horas, Praza do Ferro.
  •  A Coruña: 20.00 horas no Obelisco.
  •  Pontevedra: 20.30 horas na Peregrina.

Partíllao!

Share on facebook
En Facebook
Share on twitter
En Twitter
Share on pinterest
En Pinterest
Share on whatsapp
Polo WhatsApp
Share on telegram
Ou polo Telegram
Share on email
Email

Deixa un comentario