Conferencia-coloquio cos cónsules de Cuba e Venezuela

Isca! organiza en Compostela unha conferencia-coloquio sobre os procesos revolucionarios en América Latina, centrada fundamentalmente nas experiencias de Cuba e Venezuela, que cos seus diferentes ritmos e contextos están a construir un sistema socio-económico diferente, o socialismo, nas súas respectivas nacións.

Neste momento de crise global do capitalismo, onde o sistema actualmente vixente na maior parte do mundo demostra ás claras as súas carencias, é importante difundir as experiencias de construción de modelos alternativos e a súas conquistas a todos os niveis. Ademais,  é fundamental achegar información de primeira man á xente, neste caso ao estudantado, por vías diferentes ás dos medios empresariais que diariamente manipulan calquer información relativa a estes pobos.

Para isto, contaremos co cónsul de Venezuela na Galiza, David Nieves, e o de Cuba, Alejandro Fuentes. O acto terá lugar o mércores 5 de novembro às 12:30h no Salón de Graos da Faculdade de Ciencias Políticas da USC, no Cámpus Sul.

Este é o cartaz do acto:

latinoamerica.png

Descarga en pdf

Partíllao!

Share on facebook
En Facebook
Share on twitter
En Twitter
Share on pinterest
En Pinterest
Share on whatsapp
Polo WhatsApp
Share on telegram
Ou polo Telegram
Share on email
Email

Deixa un comentario