Conferencia en Compostela: “A recuperación da memoria nacional da Galiza”

O próximo mércores 8 de maio ás 19:00h terá lugar no Salón de Actos da Biblioteca Anxel Casal de Compostela unha conferencia organizada pola Asemblea de Zona de Isca! de Compostela baixo o título “A recuperación da memoria nacional da Galiza”, impartida por Antón Somoza Caxato, doutor en Humanidades.

No acto abordaranse os seguintes temas:

  • A recuperación da memoria desde a perspectiva da militancia patriótica e revolucionaria.
  • Recuperar a memoria nacional: poñer en valor feitos e achegas históricas como ferramenta de construción nacional.
  • A memoria das vítimas e as políticas da memoria: verdade, xustiza e reparación.
  • Combater o españolismo e o fascismo, a importancia da simboloxía.

Participa!

Partíllao!

Share on facebook
En Facebook
Share on twitter
En Twitter
Share on pinterest
En Pinterest
Share on whatsapp
Polo WhatsApp
Share on telegram
Ou polo Telegram
Share on email
Email

Deixa un comentario