Conferencia sobre a crise en Vigo

Falarán: Xosé Manuel Beiras e Antolín Alcántara
Organiza: Galiza Nova – Comarca de Vigo

Martes, 10 de Febreiro ás 12:00 na Facultade de Económicas, Vigo

A nota orixinal di:

No marco das actividades que Galiza Nova vai desenvolver durante os próximos meses na nosa comarca para denunciar os resposábeis da crise económica e propor alternativas en favor das clases populares, o próximo martes 10 de febreiro terá lugar unha charla-coloquio sobre esta cuestión. Será ás 12:00 no Salon de Actos da Facultade de Económicas do CUVI, e terá como título “A crise económica: razóns, culpábeis e alternativas”. Nela intervirán Xosé Manuel Beiras (Economista, Presidente da Fundación Galiza Sempre e membro da Executiva Nacional do BNG) e Antolín Alcántara (Sindicalista e membro da Executiva Confederal da CIG).

No acto, analizaranse as causas que deron lugar á situación económica que hoxe vivemos, valoraranse as medidas tomadas até o de agora pola administración e proporanse medidas de futuro que, tanto desde a perspectiva política como sindical, permitan que a clase traballadora non sexa a perxudicada por unha situación da que non son responsábeis.

charla-crise-web.png

 

Partíllao!

Share on facebook
En Facebook
Share on twitter
En Twitter
Share on pinterest
En Pinterest
Share on whatsapp
Polo WhatsApp
Share on telegram
Ou polo Telegram
Share on email
Email

Deixa un comentario