Continúa a represión contra a mocidade vasca

Isca quere solidarizarse coa mocidade vasca ante a nova vaga represiva que vén de sufrir coa detención de polo menos catorce persoas. Coa acusación de “tentar recompor a estrutura de Segi”, o Estado español e as súas forzas represivas asestan un novo golpe non só ao dereito do pobo vasco a autoorganizarse no camiño da autodeterminación e a independencia nacional, tamén ás expectativas de paz e resolución por vías democráticas do conflito vasco que se abriron coa declaración de tregua por parte de ETA e coas resolucións e declaracións públicas nas que a esquerda abertzale se reafirma nos medios pacíficos e democráticos para acadar os seus obxectivos estratéxicos. Entendemos que estas detencións non son casuais, e hai que encadralas na estratexia dun Estado sometido a fortes tensións desde dentro e fóra do Goberno para inviabilizar posíbeis negociacións políticas, manter o conflito na Euskal Herria e alimentar o discurso da derrota policial como única saída posíbel, a única de interese para as clases dominantes españolas. Isca amosa, pois, o seu compromiso internacionalista co pobo vasco e anima a mocidade organizada arredor de Segi e de calquera siglas da que o movemento abertzale se dote a continuar a traballar por un país libre e socialista, a pesar da represión e da violencia do Estado.

Gora Euskal Herria askatuta!

Viva Galiza ceibe!

atxilotuakaskatu.jpg

>Novas relacionadas<

 

Partíllao!

Share on facebook
En Facebook
Share on twitter
En Twitter
Share on pinterest
En Pinterest
Share on whatsapp
Polo WhatsApp
Share on telegram
Ou polo Telegram
Share on email
Email

Deixa un comentario