Contra a cimeira de ministros da UE na Coruña

0032.jpgCo gallo da presidencia da Unión Europea que ostenta o primeiro semestre deste ano o Estado Español, a pasada semana celebrouse na cidade da Coruña unha cimeira de Ministros europeos de trasporte, os días 12 e 13 de febreiro. Isto supuxo a toma da cidade polas forzas represivas, nun desmesurado despregamento sen precedentes que creou durante os días previos un clima constante de intimidación á cidadanía.

Desde Isca! quixemos mostrar o noso rexeitamento á celebración dun evento destas características na cidade en esencia por dous motivos:

En primeiro lugar, como organización que loita pola liberación nacional e social da Galiza, opoñémonos ao modelo económico e social que encarna a UE e que se demostra cada día máis erróneo e obsoleto, así como á concepción dunha UE que nega sistematicamente os nosos dereitos colectivos como pobo, como por exemplo á nosa autodeterminación.

Por outra banda, consideramos un auténtico insulto á sociedade galega (e especialmente á mocidade) o feito de que veña a celebrarse esta cimeira a unha cidade na que o transporte público se caracteriza pola súa escaseza e precariedade. O transporte público digno e de calidade é unha das reivindicacións históricas do nacionalismo. Todos os concellos do país, e concretamente da comarca da Coruña, deben ter a garantía de non seren esquecidos no que a medios de transporte público se refire. E cando esta garantía non existe, é a mocidade quen leva a peor parte desta precaria situación: o trasporte universitario intercomarcal carece case completamente de liñas específicas que conecten os diferentes puntos da comarca cos campus e as poucas conexións que hai, non teñen unha frecuencia razoábel. Denunciamos tamen a falla dun tren de proximidade co progresivo desmantelamento dos pequenos apeadoiros. Resulta incomprensíbel como o goberno do estado gasta millóns nun proxecto como o Tren de Alta Velocidade mentres que as liñas comarcais ou de cercanias que deberian vertebrar as comunicacións entre as aldeas, vilas e cidades do País fican no esquecemento.

É por iso que desde Isca! distribuimos pola cidade diverso material propagandístico opóndonos á celebración desta cimeira, e reclamando máis unha vez máis un transporte público digno e accesíbel a todas e a todos, na nosa cidade e no noso país.

 cartazpequeno.jpg

001.jpg

002.jpg

0012.jpg

0062.jpg

0052.jpg

 

Partíllao!

Share on facebook
En Facebook
Share on twitter
En Twitter
Share on pinterest
En Pinterest
Share on whatsapp
Polo WhatsApp
Share on telegram
Ou polo Telegram
Share on email
Email

Deixa un comentario