Contra a violencia machista, combater o patriarcado

A primeira vítima da violencia machista na Galiza no 2009, así lembrarán as estadísticas a María Socorro da Silva de profesión prostituta. Iso será todo o que lembrará a sociedade cando, desgraciadamente, as cifras de mulleres mortas vaian aumentando e os números enchendo as follas dos xornais, unha, duas, a terceira…

A visibilidade que se conseguiu para as vítimas da violencia machista acabou nun relatorio de perdas ao longo do ano, cada vez que unha muller é vítima da violencia machista e perde a súa vida ocupa esas primeiras planas dos sucesos, pasa a engrosar as listas e inmediatamente olvidamos que o problema segue ahí, que por cada muller que morre a mans da súa parella (entorno familiar, amizade…) hai centos que sofren cada día esa mesma violencia. Centos que pasarán tamén a engrosar novas listas, nestes casos de maltrato, mentres a sociedade continúa a non enfrontar o problema dende a base, dende a coedudación, dende un ataque frontal as estructuras patriarcais que seguen a relegar o papel da muller na sociedade, dende a revisión dunhas leis e políticas que non están a resultar eficaces na prevención da violencia.

De ISCA! amosamos a nosa preocupación pola situación de maltrato no que viven moitas mulleres e para as que non se artellan mecanismos de defensa que impidan desenlaces como o de María.

Reclamamos unha revisión das políticas de igualdade que se están a mostrar inúteis na prevención da violencia machista.

Defendemos o traballo e a loita pola conquista dun sistema non patriarcal que sitúe aos individuos nun plano de igualdade e xustiza social.

Sumamos a nosa voz á repulsa polo asasinato de María Socorro da Silva.

Apoiamos as mobilizacións que a Marcha Mundial das Mulleres na Galiza está a convocar en todo o país na lembranza desta nova muller asesinada e na condena da violencia que sofren todas as mulleres:

– Sábado 28 Febreiro, 20:00hrs no Obelisco – A Coruña –

Partíllao!

Share on facebook
En Facebook
Share on twitter
En Twitter
Share on pinterest
En Pinterest
Share on whatsapp
Polo WhatsApp
Share on telegram
Ou polo Telegram
Share on email
Email

Deixa un comentario