Contra o capitalismo. Rebélate, loita, organízate!

Isca! desenvolverá nas próximas semanas unha campaña axitativa e de propaganda de denuncia do sistema capitalista. Nun momento como este, en que está mais a debate que nunca a lexitimidade do modelo social e económico no que vivimos, é importante incidir no seu verdadeiro carácter explotador e opresivo, deixando claro que calquer reivindicación dunha democracia verdadeira nom pode desligarse dunha alternativa claramente anticapitalista.

capitalismo.png

O capitalismo é un sistema baseado na explotación, que condena a maioría da poboación mundial á miseria e que agora nin sequera é capaz de garantir dereitos básicos a amplas capas de sociedades como a nosa.

Son os poderes económicos os que toman as decisións importantes nas sociedades capitalistas. Eles controlan os medios de comunicación de masas, e eles son os que impoñen as medidas que, coa excusa da crise que eles provocaron, pretenden quitarnos dereitos sociais (emprego digno, pensións, sanidade pública…) para poder seguir a manter os seus beneficios e privilexios.

O capitalismo é por tanto incompatíbel con unha democracia real e só coa mobilización poderemos tumbalo e construir unha alternativa que garanta unha vida digna para a maioría da humanidade.

Rebélate, loita, organízate!

 

>Descarga o cartaz en pdf aqui<

Partíllao!

Share on facebook
En Facebook
Share on twitter
En Twitter
Share on pinterest
En Pinterest
Share on whatsapp
Polo WhatsApp
Share on telegram
Ou polo Telegram
Share on email
Email

Deixa un comentario