8 de Marzo, 100 anos combatendo o patriarcado

Autor: Isca!

Sobre o autor:

Isca! é unha organización xuvenil galega que traballa polo horizonte estratéxico da construcción dunha República Socialista Galega desde posicións feministas e revolucionarias.

Máis información:

Construindo alternativas feministas (ver tamén Normatividade e Disidencia Sexual) pretende ser unha escolma de textos, máis e menos académicos, que sitúen en cada número un debate e contrubuir á divulgación dos diferentes discursos feministas como paso imprescindíbel para abrir espazos de debate a través dos que cuestionar e elaborar o propio discurso.

Aproveitando esta data e a celebración do 100 aniversario por parte das mulleres de todo o mundo quixemos que o primeiro caderno tivera como punto de partida un percorrido pola orixe do 8 de Marzo e a relación entre feminismo e marxismo, reivindicando o discurso historico das mulleres socialistas que impulsaron e deron ao 8 de Marzo o pulo necesario para que sexa hoxe unha data internacional de loita para todas nós.

Le e difunde!