O obxectivo destas liñas é darmos a coñecer o que é Isca, as súas definicións ideolóxicas e os obxectivos políticos polos que loita no seo domovemento nacional-popular.
Isca é unha organización política xuvenil independentista e anticapitalista, que traballa por organizar mozas e mozos en chave revolucionaria co fin de conquistar a liberación nacional de Galiza e construír o socialismo, unha sociedade en que non exista ningún tipo de explotación nin opresión, e na que o pobo sexa realmente dono do seu destino.
Consideramos que a mocidade galega, ademais da problemática específica que como mocidade ten, pertence a unha nación oprimida e ocupada (Galiza) e somos asímesmo parte dos sectores populares que, encabezados pola clase obreira galega, están chamados a cambiar a actual sociedade até suprimir toda opresión. O fundamental, pois, deste documento é dar pé a que xurdan as preguntas e debate para clarificar conceptos e chegar a comprender o que en realidade é Isca! e que implicamilitar na organización.