Declaración política das forzas da Esquerda Palestina

O día xoves 1 de xaneiro de 2009 a dirección da Fronte de Esquerda composta pola Fronte Democrática para a Liberación de Palestina, a Fronte Popular para a Liberación de Palestina e o Partido do Pobo Palestino, reuniuse para analizar o xeito de afrontar e resistir a criminal agresión sionista contra o noso pobo e declarou o seguinte:Continúa o brutal ataque contra o noso pobo, aumenta o número de mártires entre nenos, mulleres e anciáns e multiplícase, indiscriminadamente, o derrubamento de casas sobre os seus habitantes, ao tempo, continúa a resistencia palestina representada na unidade popular, coa participación de todas as organizacións e brazos armados. Saudamos ao noso pobo, saudamos aos afoutos loitadores.

Hoxe o pobo palestino escrebe unha páxina de groria que demanda lealdade e responsabilidade ante estes sacrificios, así como respostar á urxente necesidade de consolidar a Resistencia e unir as súas filas para poderse enfrontar ao agresor.

Reiteramos, máis unha vez, os nosos chamamentos para solucionar a división interna e convocamos ao diálogo nacional para recuperar a unidade. No día de onte recibimos, dos irmáns Mahmoud Abbas, presidente palestino e Ismail Haniyeh, respostas positivas neste sentido. Acollemos con conformidade a aceptación e disposición de ambas partes ao diálogo e a reconciliación e de faceren prevalecer as contradicións co inimigo sionista.

É tempo de sangue e sacrificio; non é suficiente repetir palabras; requírense feitos concretos, un movemento urxente e pasos precisos e serios, que conduzan ao inmediato e desexado diálogo unitario.

Aos fillos do noso afouto pobo

Mentres hoxe escreben o máis valeroso exemplo de resistencia e sacrificio convocámolos a:

1- Levar a cabo a coordinación no terreo a través dun posto de mando unitario entre os diferentes brazos armados, sen excepción, para que se acade organizar a resistencia de forma unitaria fronte ao agresor.

2- Crear comités populares nos campamentos e barrios, nas cidades e aldeas, que inclúen nas súas filas a todas as forzas políticas, organizacións da sociedade civil e personalidades nacionais que desexen colaborar, para que estas estruturas sexan as que organicen todas as formas de solidariedade e socorro para os necesitados.

3- Os anteditos comités terán a tarefa de coordinaren e manteren a comunicación coa UNRWA e as sedes municipais e outras institucións oficiais co obxectivo de uniren o traballo e garantizaren o alto nivel de solidariedade e apoio requerido.

Saúdo a noso afouto pobo
Groria aos mártires!!
Vitoria á Resistencia!!

Partido do Pobo Palestino
Fronte Popular para a Liberación de Palestina
Fronte Democrática para a Liberación de Palestina

1° de xaneiro de 2009

Partíllao!

Share on facebook
En Facebook
Share on twitter
En Twitter
Share on pinterest
En Pinterest
Share on whatsapp
Polo WhatsApp
Share on telegram
Ou polo Telegram
Share on email
Email

Deixa un comentario