Desaloxado pola forza o peche estudantil en Ourense

 captura-de-pantalla-2012-05-30-a-las-050434.jpg
Por volta das 02:30 da madrugada de hoxe irromperon as forzas policiais na Biblioteca Municipal de Ourense para exercer unha vez máis o monopolio da violencia física contra as e os estudantes que a tarde anterior comezaran un feche para exixir á non elitización do ensino público no noso país.

Dende a Consellaría de Educación non dubidaron en soltar a corda dos cans do Estado para reprimir máis unha vez ao estudantado rebelde e combativo. O sistema non tolera que sexamos as fillas da clase operaria quen reivindiquemos a nosa vontade de implantar unha educación gratuíta e científica, que ademais sexa en galego, laica e non patriarcal.

Non é casual que aparezan as cargas policiais, as malleiras, os porrazos, etc…cando máis mobilizado está o estudantado do noso país. O feche iniciado polas compañeiras de Ourense sómase aos que permanecen en Compostela e Lugo ou aos que tiveron lugar noutras cidades como A Coruña e Vigo cun papel especialmente activo da Liga Estudantil Galega e da Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público, entre outras. Seguiremos a denunciar non só a vaga de desmantelación das conquistas sociais das camadas populares senón tamén a intolerancia represiva contra a insurreción ao sistema.

Na defensa do ensino público galego, ningunha agresión sen resposta!

A seguir poñemos os lugares das concentracións convocadas en solidaridade co estudantado ourensán que terán lugar hoxe  mércores 30 de maio:

Partíllao!

Share on facebook
En Facebook
Share on twitter
En Twitter
Share on pinterest
En Pinterest
Share on whatsapp
Polo WhatsApp
Share on telegram
Ou polo Telegram
Share on email
Email

Deixa un comentario