Desobediencia e loita contra a #MarcaEspaña

En medio dunha nova ofensiva de propaganda españolista coa excusa do mundial e da sucesión monárquica, as organizacións revolucionarias dos pobos sometidos polo estado español erguemos novamente a nosa voz para denunciar que o proxecto político encarnado polo seu réxime só supón para nós miseria, desemprego, precariedade, machismo e represión. Esa é a verdadeira cara desa “Marca España” que simboliza todo aquelo contra o que nos rebelamos e loitamos.

A seguir reproducimos o video da acción de denuncia levada a cabo coordenadamente en diversos povos contra un dos principais símbolos do réxime e da súa #MarcaEspaña, o Toro de Osborne.

Somos o voso pior pesadelo!


A continuación podes ler o manifesto da acción:

Desobediencia e loita contra a #MarcaEspaña 

As bases sobre as que se asenta a #MarcaEspaña son as mesmas sobre as que se asentaba o coliseo romano “Pan e Circo”. Esta marca non é máis que unha ilusión, e máis cando vemos que cada vez hai menos pan para a maioría e peor circo. Un circo baseado no elitismo, cada vez máis ferinte, dadas as desorbitadas primas que cobran os deportistas ou os tertulianos da caverna mediática. Nestes tempos onde a Selección Española pretende representar o Estado español, non poderían facelo de mellor maneira: cobrando desorbitados soldos e primas, sobre un campo de xogo regado de cadaleitos das clases populares, no que se poderá coñecer como o Mundial da vergoña e a resistencia popular. E cando o pan está rancio e o circo cheira a sangue só queda unha vía: o autoritarismo, negando o dereito a decidir do pobo e dos pobos: o dereito a decidilo todo de forma libre.

Nós, as organizacións xuvenís independentistas, socialistas e feministas dos pobos oprimidos polo Estado español, aparecemos hoxe para sinalar as bases nas que se asenta o proxecto da Marca España: violencia, manipulación e opresión.

A verdadeira #MarcaEspaña non é máis que a imposición que exerceron sobre os pobos, as clases populares e os corpos: sometemento e máis sometemento. O Estado español non só preserva, senón que reforza a esencia fascista e opresora que supostamente morrera na súa transición, ou máis ben transacción.

Así, hoxe, as mozas dos pobos oprimidos baixo o símbolo da Marca España sufrimos con especial virulencia o desemprego estrutural, a precariedade laboral, a eventualidade e a emigración, etiquetas normalizadas na prensas sistémica, mais que nós non queremos deixar de denunciar e sinalar como formas de violencia e sometemento, ás que hai que engadir o terror da dura ofensiva patriarcal que sufrimos as mulleres.

As clases populares foron desposuídas da herdanza conquistada pola loita das avoas e bisavoas, perdéndoo todo, mesmo o medo. Así, grazas á nosa loita, o medo está a cambiar de bando, e déixano claro episodios exemplares como as loitas e resistencias nos municipios e barrios dos pobos baixo xurisdición do Estado español que enchen os noticiarios a diario de mobilizacións, autoorganización e barricadas. No momento en que non temos nada que perder, ábrense as condicións para gañalo todo. A mocidade de cada un dos nosos pobos unimos forzas, coa que, grazas á imprescindíbel solidariedade internacionalista e o traballo entre todas, mesmo somos máis fortes: seremos o seu peor pesadelo!

As mozas seguiremos manténdonos firmes e actuando fronte a toda imposición da Marca España. É tempo de miseria social, mais sobre todo, é tempo de organización e de estratexia. As mozas témolo claro: desobedeceremos, abortaremos as súas leis opresivas! Coa loita sementaremos a independencia, o socialismo e o feminismo nos nosos pobos.

 Isca! – Briga – Ernai – Arran – Purna – Yesca – Jaleo!!! – Darreu – Azarug – Inekaren

Partíllao!

Share on facebook
En Facebook
Share on twitter
En Twitter
Share on pinterest
En Pinterest
Share on whatsapp
Polo WhatsApp
Share on telegram
Ou polo Telegram
Share on email
Email

Deixa un comentario