Destruíndo o xénero, abolindo o patriarcado. Xornadas de debate.

xorfemcompos.png

O vindeiro 16 de xaneiro as compañeiras e compañeiros de Galiza Nova Compostela organizan unhas xornadas de reflexión e debate en torno a tres temas centrais: Sexualidade, Clase e Novas teorías de Xénero.

Estas xornadas organizadas baixo o título de “Destruíndo o xénero, abolindo o patriarcado” terán lugar no Local Comarcal do BNG e constarán de 3 seminarios e un xantar de balde no local da asociación cultural O Galo. Os seminarios ou ponencias serán os seguintes:

10:30 – Sexo e xénero. Cristina Alonso, militante de Galiza Nova
12:30 – Clase e xénero. Ximena González, militante de Galiza Nova e Isca!
17:00 – Sen Xénero. Laura Arjonilla, militante de Galiza Nova e Isca!

As xornadas rematarán cunha sesión de conclusións sobre os debates e unha cea comarcal.

Partíllao!

Share on facebook
En Facebook
Share on twitter
En Twitter
Share on pinterest
En Pinterest
Share on whatsapp
Polo WhatsApp
Share on telegram
Ou polo Telegram
Share on email
Email

Deixa un comentario