Detidas 7 persoas como mínimo nos protestos contra Galicia Bilingüe

Información das 15:00 (en constante actualización)

A organización pola desaparición do galego Galicia Bilingüe contou coa colaboración da violencia policial para poder marchar sobre Compostela. As forzas de seguridade españolas puxéronse ao servizo desta entidade, identificando desde o primeiro momento a persoas que asistían por delitos de opinión, por razóns como distribuir panfletos, desplegar unha faixa ou disfrazarse para parodiar a colonización lingüística, ou mesmo aquelas que eran sinaladas polos membros do servizo de orde galegófobo. A continuación, pasaron a unha outra fase máis agresiva, con cargas, malleiras, e detencións de ata 7 persoas -segundo nos consta neste momento, aínda que poderían ser máis- entre as que se atopan tres militantes da nosa organización.

As tres militantes de Isca asistiron á manifestación disfrazados de vacas, con un cartaz coa lexenda “El gallego es para hablar con las vacas”, para poñer de manifesto o discurso oculto -e non moito- desta organización, que asocia o galego ao atraso social e que non quere que conte cos ridículos espazos dos que dispón actualmente, nomeadamente no ámbito do ensino, baixo a máscara da “liberdade” que en realidade resulta ser a segregación educativa para acelerar a desaparición da lingua propia do país.

As vacas saíron en diversos momentos, se ben foron hostigadas sempre pola policía -que arrebatou os cartazes- e polos propios manifestantes, que aplaudían as identificacións e detencións, así como as cargas policiais que sufriron outros grupos de manifestantes. Xa está convocada unha concentración de solidariedade con todas as persoas detidas para esta mesma tarde, ás 5.

Expresamos a nosa solidariedade con todas as organizacións e activistas detidos e animamos a asistir a nova concentración e a non baixar os brazos na defensa da nosa dignidade como pobo. Aproveitamos para denunciar a habitual manipulación informativa  á que nos teñen suxeitos certos medios, tentando crimizalizar a resposta popular e pacífica contra os que buscan a desparición do noso idioma.

vaca-1.JPG

 vaca-2.JPG

Partíllao!

Share on facebook
En Facebook
Share on twitter
En Twitter
Share on pinterest
En Pinterest
Share on whatsapp
Polo WhatsApp
Share on telegram
Ou polo Telegram
Share on email
Email

Deixa un comentario