Ao longo do día de hoxe saíron en liberdade todas as persoas detidas, todos eles con cargos. Os tres militantes da nosa organización saíron dos xulgados, logo de prestaren declaración, por volta das tres da tarde, onde foron recebidos por familiares, amigos e un grupo de solidari@s que durante os tempo da detención estiveron mobilizados reclamando a súa liberdade, tanto na comisaría, como nos xulgados, como nas rúas de Compostela.
Aledámonos das liberacións e criticamos os cargos inventados contra os nosos compañeiros e compañeira, en concreto “impedir el derecho fundamental de manifestación”. Denunciamos tamén o tratamento recibido polas persoas detidas nas dependencias policiais, que por momentos foi inumano e degradante. Tamén denunciamos a manipulación da maior parte da prensa, que situou os agredidos como agresores e que en todo momento desinformou sobre as motivacións de uns e outros.
De Isca! agradecemos enormemente a solidariedade recebida por parte de numerosas persoas e colectivos, e solidarizámonos con tod@s @s represaliad@s por defender nas rúas os nosos direitos lingüísticos. Pola nosa parte, seguiremos a desenmascarar a hipocrisía de quen defende o exterminio da nosa lingua.
En breve, daremos máis información sobre as circunstancias das detencións e os acontecementos destes días.