[Dia da Patria] Para cambiar o sistema, INDEPENDENCIA!

Máis un ano, desde Isca! facemos un chamamento a todas as mozas e mozos do noso país a mobilizárense canda nós arredor do Día da Patria. Ano tras ano, o 25 de xullo é unha cita obrigada para o nacionalismo galego, que inza as rúas de Compostela para defender os dereitos que lle son negados ao noso pobo. Facémolo desta volta baixo o lema “para cambiar o sistema: independencia”, co fin de evidenciar que entendemos a liberación nacional como unha vía imprescindíbel para a transformación social.

Por iso, desde Isca convidámosvos a participar da mobilización xuvenil unitaria que terá lugar o 24 de xullo, ás 20:00 desde a Alameda baixo o lema Mocidade galega erguendo o seu futuro, Independencia!  A nós, á mocidade galega, correspóndenos sumar esforzos na conquista da soberanía nacional como única vía pola que poderemos construír con liberdade unha sociedade diferente, verdadeiramente democrática e con xustiza social. A mocidade comunista e independentista temos ambiciosos obxectivos políticos e sociais por diante, por iso, é fundamental construír, día a día, espazos de acción unitaria de cara a sumarmos esforzos diante dos inimigos común e, tamén día a día, camiñarmos cara a vitoria. Por iso, parabenizámonos non só por sairmos máis un 24 á rúa con estas reivindicacións senón tamén por facelo no seo dunha convocatoria que vai alén das nosas siglas e é partillada por outras organizacións xuvenís e estudantís.

Igualmente, chamamos á mocidade tamén a mobilizarse o propio 25 de xullo, Día da Patria Galega, participando na habitual mobilización convocada polo BNG, na que miles de persoas volverán ateigarán as rúas para reclamar a plena soberanía da nosa nación. A manifestación, na que como é habitual contaremos con unha comitiva propia xunto ao Movimento Galego ao Socialismo, sairá por volta das 12:00h desde a Alameda.

Urxe conquerir a independencia para mudar o sistema e erguer o noso futuro en liberdade, por iso, sae a rúa e mobilízate canda nós!

Partíllao!

En Facebook
En Twitter
En Pinterest
Polo WhatsApp
Ou polo Telegram
Email

Deixa un comentario