Dia da Patria, todas e todos a Compostela!

colante-dia-da-patria-2010.png

Máis un ano, o Día da Patria encherá compostela de nacionalistas que, nun momento especialmente complexo, ergueremos ben alto a voz demandando os dereitos nacionais deste país. Contra a política destrutiva da Xunta de Galicia e do goberno do Estado, nomeadamente en materia económica e en canto á nosa lingua, a parte máis consciente deste pobo, aquelas e aqueles que non nos deixamos asimilar e pulamos por unha Galiza ceibe e popular, temos que amosar a nosa forza na rúa, enchendo de bandeiras da patria, consignas e faixas Compostela, desmontando a bucólica e turística imaxe de rexión española que o Xacobeo constrúe sobre nós. Temos que mobilizar o noso pobo en defensa doutro modelo económico e social, e da nosa soberanía nacional. Temos que sumar forzas no camiño dunha República Galega na que, con plena soberanía, poidamos construír o socialismo no noso país.   

Por todo o dito, desde Isca! animamos a participar da manifestación nacional convocada polo BNG que sairá ás doce da mañá da Alameda de Compostela, e estamos a desenvolver xa neste días unha campaña propia de axitación baixo o lema “estamos construíndo a República Galega”.

 

VIVA GALIZA CEIBE!   INDEPENDENCIA E SOCIALISMO!   ADIANTE A REPÚBLICA GALEGA!

Descarga o cartaz em cor

Descarga o cartaz em branco e negro

Partíllao!

Share on facebook
En Facebook
Share on twitter
En Twitter
Share on pinterest
En Pinterest
Share on whatsapp
Polo WhatsApp
Share on telegram
Ou polo Telegram
Share on email
Email

Deixa un comentario