DÍA DO ORGULLO 2022

Somos orgullo, somos revolución.

Como militantes revolucionarias afirmamos neste 28 de xuño o noso compromiso na loita contra todo tipo de opresión e a necesidade de reivindicar que a nosa diversidade suma e reforza a nosas loitas comúns. 

Nun escenario de crise internacional no que o proceso de acumulación e desposesión capitalista ameaza como nunca as nosas vidas, cómpre defender que a única vía para a revolución é a unión da clase obreira na súa diversidade, organizarse, comprometerse no día a día cun traballo incansábel polo transformación social e facelo sen deixar a ninguén atrás. 

Nin as reivindicacións LGBT nin a diversidade das nosas identidades e desexos fragmentan ou dificultan a loita revolucionaria. O que realmente nos divide é a homofobia, a transfobia e os discursos de odio. Discursos que se reforzan co aumento da extrema dereita e os fascismos mais tamén con parte da esquerda negando avances ou axendas de dereitos a parte da nosa clase. 

O orgullo naceu como unha revolta e nese espíritu continuamos reivindicando a loita por unha sociedade máis xusta na que conquistemos dereitos para todas. A comunidade LGBT ten unha longa traxectoria de loita inserida no conxunto de loitas transformadoras e radicais por unha vida digna. O movemento polos dereitos LGBT atopou na loita feminista unha aliada incondicional para transformar o mundo. Sumar fixo que pouco a pouco a axenda dea centralidade á loita anticapitalista e antipatriarcal combatendo  xuntas as desigualdades sociais, as imposicións de modelos familiares, roles de xénero ou a heterosexualidade. 

Afirmar que a nosa clase é diversa, e o combate a toda forma de opresión e discriminación é inseparábel da loita pola sociedade nova que arelamos é imprescindíbel para construír unha maioría social que se mobilice e enfronte o poder para avanzar na transformación social. 

Combatamos o capitalismo e todas as opresións das que se serve para impor a súa lóxica e loitemos xuntas contra todas elas!

Partíllao!

Share on facebook
En Facebook
Share on twitter
En Twitter
Share on pinterest
En Pinterest
Share on whatsapp
Polo WhatsApp
Share on telegram
Ou polo Telegram
Share on email
Email

Deixa un comentario