Diante da súa represión, a nosa solidariedade!

Este pasado fin de semana, catro militantes independentistas galegas foron secuestradas polas forzas de ocupación españolas e sometidas á lexislación anti-terrorista cun réxime de incomunicación que vulnera os dereitos máis elementais das persoas detidas. Posteriormente foron trasladadas a Madrid para pasar a disposición do xuíz da Audiencia Nacional, que esta terza feira decretou prisión provisional sen fianza para as catro independentistas.

Queremos denunciar esta nova montaxe policial contra militantes independentistas galegas, empregando a falacia da existencia dunha suposta organización armada denominada “Resistencia Galega” inventada polo Estado español para criminalizar un proxecto político necesario para o país e o pobo traballador galego como é o independentismo. Aliás, debemos desmontar o relato do “terrorismo” usado polos poderosos para criminalizar os que cuestionan a orde dominante ao mesmo tempo que a burguesía e o imperialismo non dubidan en exercer sistematicamente a violencia e o terrorismo contra os pobos e as clases populares para defender os seus intereses reaccionarios en calquera parte do mundo.

Tamén queremos chamar a atención sobre o papel dos grandes medios de comunicación neste caso, coma sempre exercendo a súa función intoxicadora ao servizo do grande capital e o seu réxime, amplificando e difundindo o relato falso e criminalizador da Garda Civil diante da opinión pública. Estamos diante dunha montaxe policial, mais tamén mediática, que procura vincular o independentismo galego co “terrorismo” para paralizar a solidariedade coas militantes independentistas secuestradas, meterlle medo ao pobo galego e impedir a súa organización en chave nacional e de clase.

Estes feitos evidencian máis unha vez a auténtica natureza anti-democrática, reaccionaria e represiva do Estado español, cárcere de pobos ao servizo do grande capital e continuador do franquismo. Fronte a quen defende que o fascismo no Estado español son simplemente algunha ou algunhas forzas políticas, debemos lembrar que o fascismo está tamén nos aparellos do Estado, continuadores do franquismo e perpetuados pola farsa da “Transición”. Na chamada etapa “democrática” seguiron existindo centos de presos políticos independentistas vascos, galegos, cataláns, comunistas e anarquistas nos cárceres españois, alén da ilegalización de forzas políticas, torturas e mesmo asasinatos empregando o terrorismo de Estado

Finalmente, entendemos que diante dun caso represivo destas características contra militantes independentistas galegos a solidariedade debe ser o máis ampla e unitaria posíbel no seo do movemento nacional-popular galego, denunciando a represión política do Estado español e ao mesmo tempo defendendo os dereitos dos presos políticos galegos e a súa posta en liberdade da man do avance da loita pola nosa emancipación como nación e clase

Sermos independentistas non é delito!

Liberdade independentistas!

Partíllao!

Share on facebook
En Facebook
Share on twitter
En Twitter
Share on pinterest
En Pinterest
Share on whatsapp
Polo WhatsApp
Share on telegram
Ou polo Telegram
Share on email
Email

Deixa un comentario