O capitalismo ten un funcionamento extremadamente complexo, e a súa comprensión profunda require dun estudo metódico, sistemático e moi paciente.
Quizais o primeiro en caer na conta disto foi o propio Marx, quen chegou a afirmar que lle dedicaría o espazo dunhas semanas ao estudo da economía política. Co pasar do tempo as semanas transformáronse en meses, os meses en anos, e finalmente só logrou publicar en vida o primeiro tomo de O capital. Os outros dous tomos que existen foron publicados por Engels, reunindo un conxunto de manuscritos dispersos e desordenados. En total os tres tomos suman unhas tres mil páxinas. Aínda así non pode considerarse unha obra acabada, pois o plan orixinal de Marx incluía dous tomos máis, centrados no estudo da historia da teoría económica e o mercado mundial.
Toda este relato danos unha idea da magnitude da tarefa que pretendemos abordar. Pese a todo, non debemos desanimarnos. É posible realizar unha primeira aproximación básica aos problemas económicos, que serva como punto de partida para estudos posteriores.
Descarga e difunde!