Empregalia: a feira da precariedade

empregaliaOs días 16 e 17 de outubro celébrase en Vigo a III edición de Empregalia, Feria de Empleo de Galicia. Mais un ano, milleiros de mozas e mozos agardarán horas nunha cola para entregar un currículum que con todas as probabilidades rematará no lixo.

Empregalia é unha feira organizada por Mulleres en Igualdade de Vigo, entidade vinculada ao Partido Popular e que recibe milleiros de euros das institucións públicas a cambio de ofertar postos de traballo altamente precarios. Na pasada edición, máis de 5000 persoas tratadas como gando tiveron que aturar enormes colas para depositar o seu currículum, co resultado da contratación de apenas 72 desempregadas a través de empresas de traballo temporal como Nortempo ou Adecco.

Maquillar as políticas neoliberais aplicadas polo goberno español e galego é que 72 persoas consigan un posto de traballo en precario para unha comarca con máis de 32.000 paradas e 215.000 no conxunto do país. Lembrar tamén que dende o 2011 o paro xuvenil aumentou en catro puntos, chegando ao 48,45%. Tamén, no período 2007-2014, emigraron máis de 142.000 mozos e mozas

Estas cifras son a expresión dun modelo político e económico esgotado, incapaz de ofrecer á clase traballadora un emprego do que poder vivir dignamente na propia terra. Por iso, desde Isca apostamos por outro sistema baseado na satisfacción das necesidades sociais e non no lucro individual. Sen antangonismos de clase nin desigualdade de xénero, con democracia participativa e desde a base, con medios de comunicación ao servizo do pobo e non das grandes empresas… o socialismo.

Isca rexeita Empregalia e chama a toda a sociedade a boicotar este tipo de iniciativas que trafican coas necesidades de milleiros de persoas. Denunciamos o uso de fondos públicos para financiar proxectos propagandísticos e empresas que se caracterizan pola explotación e a precariedade.

Partíllao!

Share on facebook
En Facebook
Share on twitter
En Twitter
Share on pinterest
En Pinterest
Share on whatsapp
Polo WhatsApp
Share on telegram
Ou polo Telegram
Share on email
Email

Deixa un comentario