En defensa do monte de Cabral, non ás grandes superficies comerciais

 

Abel Caballero encabeza a proposta de construción dun novo centro comercial na cidade de Vigo. A administración e a promotora non facilitaron os datos concretos do proxecto pero si  os coñecemos a través dos veciños de Cabral e mediante filtracións a algúns medios de comunicación. Tratarase dunha grande superficie que suporá a expropiación de 600.000m2, o que representa a práctica totalidade do monte en man común da parroquia de Cabral. Outro caso máis de destrucción de territorio natural en favor dun modelo de ladrillo e especulación inmobiliaria. Na defensa deste gran centro comercial por parte do Concello utilízanse argumentos, aproveitandose da situación de desemprego que vive a zona, afirmando que a construcións destas grandes intalacións xeraran novos postos de traballo e un incremento da riqueza na nosa cidade. Mais todas sabemos, pola experiencia, que non haberá creación de emprego senón que se tratará simplemente dun traslado de postos de traballo de uns centros comerciais a outros, e o que si que conlervará é á destrucción de centos de postos de traballo polo peche no pequeno comercio que leva consigo a apertura destas gandes superficies. Actualmente vivimos unha situación extrema co peche de 20.000 establecementos dende o ano 2007 e unha reducción de case un 13% nas súas vendas. Mais tamén sabemos que é falsa a afirmación da creación de riqueza no noso país,outra falacia máis xa que todas as empresas veñen de fóra de Galiza e levarán todo o capital para o seu paises de orixe. Un novo centro comercial pero coa mesma situación de sempre,o empobrecimento da maioria social a cambio de enriquezerse unha gran minoría.

O pasado domingo día 19 de maio as veciñas de cabral co apoio de colectivos sociais manifestaronse contra a destrución do seu monte, pediron máis democracia interna e transparencia na decisión da venta do terreo e sobre todo información sobre o proxecto. Este domingo 26 de maio ás 9,30h na entrada do IFEVI hai convocada unha concentración con motivo da asemblea de comuneiros na que é posíbel que se decida sobre a expropiación.

Dende Isca! opoñémonos á destrución do noso terreo natural e deforestación do monte a favor destas grandes superficies de ladrillo e cemento. Tamén nos opoñemos frontalmente á construción de grandes superficies que non fan máis que afondar nun modelo caduco e defendemos o pequeno comercio, o comercio popular e de barrio e a creación de instrumentos propios para traballar a nosa terra. Nós non queremos grandes centros comerciais que traian consigo máis perda de dereitos laborais, máis precariedade e máis empobrecemento, queremos traballar e vivir dignamente na nosa terra.

O MONTE NON SE VENDE, DEFÉNDESE!

Partíllao!

En Facebook
En Twitter
En Pinterest
Polo WhatsApp
Ou polo Telegram
Email

Deixa un comentario