Entroido sen machismo. Non esquezas as lentes violetas!

Violencia é que se nos obrigue a ser princesas. Violencia é a presión estética e a heteronorma. A hipersexualización das nenas con disfraces misóxinos. Que se nos impoña que ser, como ser, os ideais patriarcais da beleza e o valor tradicional da muller. Violencia tamén é o acoso que sufrimos nas rúas, que aumenta exponencialmente en grandes aglomeracións festivas. Invasión do espazo persoal con piropos, chistes misóxinos, tránsfobos, lesbófobos ou homófobos, tocamentos, etc.

Disfrutemos do entroido, das nosas tradicións e historia (propias e únicas no mundo), sen actos machistas, que pasan por habituais, pero que entran no acoso. Se tes intención de acosar, non veñas!

Non esquezas as lentes violetas!

Partíllao!

Share on facebook
En Facebook
Share on twitter
En Twitter
Share on pinterest
En Pinterest
Share on whatsapp
Polo WhatsApp
Share on telegram
Ou polo Telegram
Share on email
Email

Deixa un comentario