Éxito da folga xeral en Galiza, a loita continúa!

a-loita-continua.jpg A pesar das presións da patronal, da propaganda mentirosa da prensa e da prepotencia do goberno, a folga xeral do pasado 29 de setembro foi un éxito rotundo en Galiza. Rompendo cos pronósticos pesimistas que pretendía desmobilizar a clase traballadora, o paro foi moi maioritario en case todos os sectores, e practicamente total nalgúns como a industria ou o transporte. Isto viuse completado con masivas manifestacións por toda Galiza, nas que un total de 80.000 persoas saíron á rúa da man do sindicalismo nacionalista e de clase representado pola CIG, que conseguiu marcar de novo a diferencia mobilizando moitos mais traballadores e traballadores que os sindicatos pactistas españois, e conseguindo que o seguimento da folga en Galiza fose maior ainda que no resto do Estado.

campanhafx1.jpg

Isca tentou contribuir coas súas forzas ao éxito desta xornada, e xa desde semanas antes desenvolveu unha intensa campaña de propaganda nas rúas, nas zonas industriais e nos centros de ensino de numerosas comarcas galegas, chamando a participar nesta convocatoria e difundido a idea de que é preciso organizarse de cara ao futuro para resistir os embites dos gobernos e a patronal, así como para traballar desde xa por un sistema socio-económico e político xusto, o socialismo.

Así mesmo, na propia xornada de folga a militancia de Isca participou xa desde a noite nos piquetes da CIG, contribuindo a afortalar o éxito da folga, así como nas masivas mobilizacións na maioría das cidades galegas.

A seguir podes ver unha selección de imaxes do traballo desenvolvido por Isca convocando a folga xeral así como da nosa participación na propia xornada:

 

Partíllao!

Share on facebook
En Facebook
Share on twitter
En Twitter
Share on pinterest
En Pinterest
Share on whatsapp
Polo WhatsApp
Share on telegram
Ou polo Telegram
Share on email
Email

Deixa un comentario