Dicionario básico de categorías marxistas

Autor: Néstor Kohan

Sobre o autor:

Néstor Kohan é un marxista arxentino e profesor da Universidad de Buenos Aires.

Máis información:

Debido a que o pensamento de Karl Marx e os seus discípulos marxismo constitúe unha obra aberta, o marxismo integra diversas tradicións ideolóxicas, filosóficas e políticas. No seu seo non existen definicións únicas e taxativas, cada tradición marxista reinterpreta o legado de Marx e as súas categorías de diverso modo.

Este dicionario básico, non constitúe unha excepción. Expresan unha interpretación posíbel do marxismo. Existen outras. As denificións que vos presentamos foron extraídas e adaptadas do libro Marxismo para principiantes, de Néstor Kohan.

Marxismo-marxiano-marxista: O marxismo é unha teoría crítica da sociedade capitalista que promove en todo o mundo unha práctica política de emancipación, rebeldía, resistencia, liberación e revolución. Presupón unha concepción do mundo e da vida, da historia e do suxeito, expresada desde o punto de vista das oprimidas e os explotados. Como teoría crítica constitúe un saber aberto. É científica, filosófica, ideolóxica, ética e política ao mesmo tempo. O termo marxiano é máis “técnico”. Fai referencia aos textos escritos exclusivamente por Karl Marx. O termo marxista alude aos escritos, ao pensamento e as tradicións políticas non só de Marx senón tamén dos seus seguidores e partidarios posteriores até hoxe en día.