Futuro digno na nosa terra!

Desde Isca! pomos en marcha unha nova campaña nacional que terá como ponto de partida o 1º de maio, data de referencia na loita obreira e popular. Nela, baixo o lema “futuro digno na nosa terra!” queremos denunciar un sistema que nos condena á emigración, ao desemprego e á falta de perspectivas laborais e de vida digna no noso país. Nela enmarcaremos diferentes actividades de denuncia dunha situación xa insuportábel para a mocidade, e que ten como responsábeis un sistema capitalista cada vez máis cruel e corrupto e as súas estruturas de poder, comezando polo Estado Español que nega a capacidade do noso pobo de dispor do seu futuro e desnvolver axeitadamente a súa economía.

É tempo de organizarse e de loitar sen medo por un futuro digno para a mocidade, e iso pasa necesariamente non por parches ou remendos no sistema, senón por romper de raiz con todas as estruturas de dominación: España, o capitalismo e o patriarcado. Para iso cómpre unir cada vez máis loitas e tecer resistencias no camiño dun proxecto transformador global que na nosa nación pasa pola conquista de independencia nacional como única vía viábel de saída do capitalismo, a construción do socialismo e o fin de toda opresión.

Esta campaña pretende ser a nosa contribución para avanzar cara a eses obxectivos respondendo desde xa á abafante realidade coa que se atopa a mocidade galega.

Partíllao!

Share on facebook
En Facebook
Share on twitter
En Twitter
Share on pinterest
En Pinterest
Share on whatsapp
Polo WhatsApp
Share on telegram
Ou polo Telegram
Share on email
Email

Deixa un comentario