Galiza Nova – Ourense organiza unhas serie de actos en torno á conmemoración do 10 de Marzo, Día da Clase Obreira Galega

As xornadas comezarán o propia día 10 de Marzo co apoio e a asistencia á mobilización que convoca a CIG en Ourense as 20hr con saída no Pabillón dos Remedios baixo o lema “O emprego, os salarios e as pensións deféndense loitando”.

O día 11 terá lugar unha mesa redonda no Ateneo as 20:00h na que intervirán:

Etelvino Blanco – Secretario Xeral da CIG Ourense
Enrique Vieitez – Deputado do BNG
Rocío Sampayo – Responsábel Nacional de Emprego de Galiza Nova

O tema central será a crise económica e as alternativas que fronte a esta propoñen a CIG, o BNG e Galiza Nova.

O día 12 de marzo terá lugar no Trampitán (Praza Maior) as 23hr unha actuación musical de Roberto Sobrado para fechar estes días de debate e mobilización. Noite na que se sorteará unha cesta de productos galegos.

Galiza Nova Ourense convida a todas as mozas e mozos ourensáns a participar destas xornadas de loita contra a crise e o sistema e de reivindicación da clase obreira galega.

 xornadas_cartaz_10maio.gif

Partíllao!

Share on facebook
En Facebook
Share on twitter
En Twitter
Share on pinterest
En Pinterest
Share on whatsapp
Polo WhatsApp
Share on telegram
Ou polo Telegram
Share on email
Email

Deixa un comentario