Galiza Nova – Ourense programa actividades para o 25-N

250909-colante-25n-ourense.JPG

Neste 25 de Novembro, como nos anteriores, Galiza Nova Ourense vai saír á rúa a reclamar o fin da violencia contra as mulleres e do sistema patriarcal que a xera. Consideramos que a violencia non é máis que unha consecuencia do machismo e só a igualdade vai conseguir que esta sexa erradicada. Desde Galiza Nova apostamos pola formación, a coeducación e a corresponsabilización de homes e mulleres na construción doutro modelo social máis xusto para todas e todos.

Galiza Nova Ourense levará a cabo as seguintes actividades para o 25 de Novembro:

Exposición fotográfica na Universidade: Historia Internacional do Feminismo, no campus de ourense, edificio de ferro. Coorganizan os Comités e permanecerá na universidade do 25 de novemebro ao 4 de decembro.

Participación na concentración da Marcha Mundial das Mulleres con faixa propia.

Mesas Informativas na Universidade: 25, 26 e 27 as 17:00hrs coa campaña polo dereito a decidir sobre o aborto, o colante editado na comarca polo 25N e o libreto de formación publicado recentemente na comarca.

Edición dun colante: O machismo é a violencia, a igualdade é a liberdade.

250909-actividades-25n-ourense.JPG

Partíllao!

Share on facebook
En Facebook
Share on twitter
En Twitter
Share on pinterest
En Pinterest
Share on whatsapp
Polo WhatsApp
Share on telegram
Ou polo Telegram
Share on email
Email

Deixa un comentario