Galiza Nova – Ourense reedita a campaña pola Autodeterminación no Día da Patria

Galiza Nova Ourense ven de reeditar a campaña pola autodeterminación que sacara o pasado decembro e que tiña como obxectivo contestar a celebración dos 30 anos da Constitución Española editando material gráfico (cartaces, colantes e panfletos) e acompañada da reedición das “Bases Constitucionais”, a alternativa defendida polo nacionalismo naquela altura frente á Constitución e á fraude estatutaria. Novamente Galiza Nova Ourense reeditará as Bases Constitucionais para repartir no día da patria.

auto-p.jpg

Consulta aquí o documento As “Bases constitucionais”: a alternativa galega aos 30 anos da Constitución Española

A Comarca de Ourense comezou a preparar o Día da Patria coa reedición desta campaña o pasado xoves 16 de xullo realizando un mural en Ourense (rúa Camino Caneiro) dando así o pistoletazo de saída á convocatoria masiva da mocidade ourensá a participar do Festigal e a manifestación do Día da Patria en Compostela, onde tamén se participou con unha faixa da comarca:

muralourense.jpg

faixaou.jpg

Para o 25 de Xullo a Comarca de Ourense tamén editou un autocolante en homenaxe a Castelao no ano en que se cumpren 25 anos do traslado dos seus restos dende Bos Aires a Galiza:

 colantecastelao.jpg

Partíllao!

Share on facebook
En Facebook
Share on twitter
En Twitter
Share on pinterest
En Pinterest
Share on whatsapp
Polo WhatsApp
Share on telegram
Ou polo Telegram
Share on email
Email

Deixa un comentario