Grazas polo voso apoio

De Isca! queremos agradecer as numerosas mostras de apoio -non nos collerían nunhas poucas liñas de tentar citalas todas- recibidas ante o estabulamento forzoso das nosas tres vaquiñas o pasado domingo en Compostela.

Desde o momento en que se espallou a nova da detención, chegáronnos ducias de expresións de afecto e solidariedade a título individual, non só de famliares dos bóvidos, dos seus compañeiros de estudos, de traballo ou de piso, ou de militantes da causa nacional galega, senón tamén de ducias de persoas que aínda non coñecemos, que souberon saltar sobre os valados -cada vez máis pequenos- impostos pola manipulación mediática de rigor, así como de distintas organizacións e movementos sociais do país, e recebemos tamén apoio internacionalista chegado desde as montañosas leiras de Euskal Herria. En canto aos silencios, pensamos que se comentan por si mesmos e a alegría dos liberados, dos famliares e a nosa propia non nos permite preocuparnos por estas pequeneces.

Á súa vez, enviamos un lambetazo cheo de dignidade e de raiba aos detidos durante a razzia policial do domingo e a todas as persoas que foron identificadas -algunha por falar en galego, que volve ser suspeitoso nun síntoma significativo- ou se sentiron acosadas e intimidadas. Seguiremos pacendo, seguiremos actuando pola independencia e o socialismo que merecemos as mozas e os mozos galegos. Porque só vencen os pobos que loitan.

p2080123.JPG

Partíllao!

En Facebook
En Twitter
En Pinterest
Polo WhatsApp
Ou polo Telegram
Email

Deixa un comentario