Homenaxe a Moncho Reboiras. 41 anos do seu asasinato.

moncho-reboiras-2016_2-1Un ano mais o cemiterio de San Xoán de Laiño, en Imo (Concello de Dodro) acollerá un acto político co que o Movemento Galego ao Socialismo quere lembrar o exemplo militante de Moncho Reboiras, asasinado pola policía española o 12 de agosto de 1975. Cando se cumpren os 41 anos da sua morte gostaríamos de contar coa presenza de mocidade galega neste acto de homenaxe a quen levou o seu compromiso político até as súas últimas consecuencias, dando a vida por unha causa pola que seguimos a loitar. As actividades comezarán no cemiterio ás 13:00 horas co seguinte programa:

ACTUACIÓN do cantautor TINO BAZ

INTERVENCIÓNS

  • Xoán Bautista Mariño, concelleiro do BNG de Dodro que participou de cativo no enterro de Moncho Reboiras hai 40 anos, nunha parroquia tomada pola Guardia Civil.
  • Daniel Barral, Mesa Nacional de Isca!
  • Lois Ríos, dirixente da UPG nos anos 70 e un dos militantes que estaba no piso de Ferrol o día do seu asasinato.
  • Noa Presas, membro da Mesa Nacional do MGS e membro da Executiva do BNG.

XANTAR POPULAR. Ao remate do acto, celebraremos un xantar nunha carballeira acondicionada a 150 metros amenizado con gaiteiros. No caso de non acompañar o tempo contaremos cun local cuberto para poder celebrar o xantar con normalidade.

ROTEIRO. A media tarde, visitaremos os interesantes petroglifos de Bouza Abadín onde José Emílio Vicente e Bieito Pérez farán unha breve contextualización arqueolóxica e xeográfica dos petróglifos e das espectaculares vistas da ría e da contorna que paseou Moncho na súa infancia e mocidade.

>> Profundiza sobre a figura de Moncho.

Partíllao!

Share on facebook
En Facebook
Share on twitter
En Twitter
Share on pinterest
En Pinterest
Share on whatsapp
Polo WhatsApp
Share on telegram
Ou polo Telegram
Share on email
Email

Deixa un comentario