II Assembleia Nacional de Isca!

A II Asemblea Nacional de Isca!, quase dous anos após a constituiçom da organizaçom, celebrou-se com sucesso. Nom se abordarom questons ideológicas de calado, ao manter-se a análisse sobre o neoliberalismo e a dependência no nosso paíse as propostas estratégicas.

Assi, a assembleia girou em torno ao impulso da actividade da organizaçom e do movimento juvenil em todos os níveis, em colaboraçom aberta com o resto de entidades soberanistas com as que se partilham espaços na construçom nacional.

Analizarom-se vários campos de trabalhos:

Em relaçom a Galiza Nova, afirma-se que “é importante revitalizar, na medida do posíbel, o traballo das mocidades da fronte”, e reforçar as iniciativas em clave transformadora e soberanista, ainda nun contexto de bloqueio por parte da actual direcçom.

Analizou-se o campo estudantil e a evoluçom dos CAF com termos bem claros:

“A degradación dos CAF demostra dúas cousas: primeiro, que as correntes da actual dirección do nacionalismo institucional son incapaces de manter o histórico discurso rupturista e antisistémico en nengún ámbito, levando os CAF progresivamente ao mesmo terreo de renuncia que o BNG. Por outro lado, que o noso papel é indispensábel para a construción de calquer alternativa nacionalista consecuente entre o estudantado, sexa esta cal for. O que non demostra en nengún caso (sería asumir antes de tempo a nosa derrota), é a invalidez dun modelo, o dunha organización nacionalista, reivindicativa, democrática e plural que en diferentes formas e con diferentes altos e baixos, existiu desde hai 35 anos, cando naceu ERGA, e que ademais funciona noutras latitudes. Outra cousa é saber se os CAF poden cumprir ou non ese papel hoxe en día.

Temos claro pois que é preciso un referente organizativo para o estudantado nacionalista, unha organización que defenda claramente un outro modelo de ensino e de sociedade, tal como as que funcionan noutras nacións sen Estado próximas. A construción deste referente debe ser a nosa prioridade, e niso debemos empeñar o noso traballo nos próximos meses.”

Também se avaliou o mundo do trabalho, onde se considera precissa umha intervençom específica:

“A necessidade da auto-organizaçom juvenil neste campo concreto provém do feito de que a mocidade dos diferentes sectores laborais comparte, além da sua problemática específica de cada sector laboral, umha realidade comum de exploraçom e degradaçom das condiçons laborais ligada fundamentalmente ao fenómeno da precariedade, à que é precisso dar umha resposta como moças e moços organizadas/os.”

Por último, a organizaçom também aprovou definitivamente o seu modelo de ligaçom com o Movimento pola Base, basseiado na autonomia e reconhezimento
mutuo:

“ISCA! e o Movemento pola Base deben recoñecerse de xeito recíproco como referentes políticos nos distintos rangos de idade en que se organiza e traballa cada organización, coa liberdade que este recoñecimento dá para mostrar as discrepancias que podan derivar da análise política de cada situación.

ISCA! mantén a súa independencia e capacidade de facer política alén da mocidade do mesmo xeito que o Movemento pola Base ten plena autonomía para implementar políticas de mocidade.Esta autonomía implica a nível individual a non obrigatoriedade da dupla militancia en ISCA! e no Movemento pola Base das mozas e dos mozos de ISCA!, o que, no entanto, tratarase de facilitar. “

Partíllao!

Share on facebook
En Facebook
Share on twitter
En Twitter
Share on pinterest
En Pinterest
Share on whatsapp
Polo WhatsApp
Share on telegram
Ou polo Telegram
Share on email
Email

Deixa un comentario