Neste Primeiro de Maio a mocidade saimos á rúa, e recuperando as históricas consignas do nacionalismo popular, berrar que queremos unha Galiza ceibe, sen emigración. Debemos rebelarnos contra o pacto social, contra as políticas de recortes, contra o desmantelamento dos servizos públicos, da industria, do agro, contra os que queren dispoñer do noso corpo, contra os que queren folclorizar a nosa identidade, contra os que nos expulsan da nosa terra.
A emigración é, de feito, un dos fenómenos socioeconómicos máis combatido ó longo de toda a historia do nacionalismo popular. No contexto actual adquire especial relevancia porque os índices demográficos do país deixan un panorama non moi alentador, no que morren máis persoas das que nacen. Os datos laborais non son mellores: a metade da mocidade está no paro e a precariedade na contratación é a norma. O número máis repetido, 142.000 -que son as persoas desde o inicio da crise, no 2008, que abandonaron o noso país.
Para denunciar esta situación levamos adiante unha campaña nacional en todo o noso país durante o mes de abril denunciando un sistema inxusto que nos condena e acreditando na necesidade de artellar unha resposta diante do estado de agresión permanente á mocidade. Editamos tamén un video que vos deixamos a continuación.
.
>> [Campaña nacional] Rachar co pacto social, loitar polo noso futuro
>> [Campaña nacional] Sabías que…
>> Imaxes da campaña e das manifestacións