Isca! ante a unificación do soberanismo estudantil

ANCComo xa é manifesto, este sábado 5 de marzo está convocada a Asemblea Nacional Constituínte da nova organización do estudantado galego que abranguerá o estudantado nacionalista e independentista. Esta nova organización xorde da unión das tres organizacións estudantís con ideoloxía soberanista do país: Agir, Comités Abertos e Liga Estudantil Galega.

A finalidade desta unión é fornecer ao eido estudantil un maior músculo e potencialidade de acción para así loitar por un ensino público, galego, feminista, científico e de calidade. A idea da unión das tres organizacións e a súa apertura, asemade, a persoas independentes que queiran comerzar a participar na loita estudantil comezou coas Asembleas de Base. Estas asembleas comezaron a camiñar por todo o país a finais do ano 2015 e, logo de todas as dificultades que xurdiron polo camiño, a Asemblea Nacional Constituínte é un feito real e tanxíbel. Esta unión pon fin ao camiño que en 2011 iniciou a Liga Estudantil Galega. Unha aposta de autoorganización do estudantado na que participamos, xunto con moitos outros actores, superando modelos anteriores xa esgotados, que servise para construír as ferramentas válidas, combativas e revolucionarias que o ensino deste país demanda.

Desde Isca! saudamos e desexamos que a nova organización estudantil que naza o 5 de marzo sexa unha organización con forza para podermos loitar por un ensino público, galego e de calidade; con firmeza nos seus obxectivos estratéxicos mais coa necesaria flexibilidade táctica. Para rematar, queremos desexar a todas as estudantes que se incorporan nesta nova etapa moita sorte e ánimo para acadaren os seus obxectivos. O estudantado galego está en loita!

Libera e transforma Galiza desde as aulas!

Partíllao!

Share on facebook
En Facebook
Share on twitter
En Twitter
Share on pinterest
En Pinterest
Share on whatsapp
Polo WhatsApp
Share on telegram
Ou polo Telegram
Share on email
Email

Deixa un comentario