Isca! ante a visita do Papa a Compostela

 eunomteespero.JPGA mocidade organizada en Isca opómonos á visita do Papa ao noso país que vén de agravar máis aínda, se cabe, a situación de estado policial á que o Xacobeo somete Galiza para lucro de moi poucos e permanente acoso sobre os movementos sociais e organizacións políticas. Facémolo, ademais de por esta situación de permanente control represivo, por todo un cumio de motivos:

 -Porque non podemos aceptar que, mentres o discurso da austeridade serve para desmontar servizos e conquistas sociais gañados ao longo de décadas de loita, as autoridades públicas gasten millóns de euros nun evento que non repercutirá en absoluto nin a curto nin a medio prazo na nosa economía, máis alá de afortalar a nosa dependencia do turismo e, xa que logo, a nosa dependencia económica e política do exterior, nomeadamente de España, en vez de apostar polo desenvolvemento duns sectores productivos no camiño da nosa plena soberanía.

 -Porque rexeitamos o discurso machista, homófobo e terribelmente patriarcal da Igrexa Católica, e nomeadamente do seu pontífice, que non se priva de sentar cátedra en materia de sexualidade e delimitar o normal e o “desviado”, mentres persoalente ocultou durante anos centos de casos de abusos a menores por parte de membros da súa Igrexa.

 -Porque acaba co desexado laicismo das institucións públicas, sendo a asistencia de líderes políticos a estes actos e a mobilización de todos os recursos do estado unha especie de copia, tantos anos despois, do Nacionalcatolicismo teoricamente superado e que, porén, volve facer acto de presenza para lembrarnos de onde vén este Estado “democrático”.

Partíllao!

Share on facebook
En Facebook
Share on twitter
En Twitter
Share on pinterest
En Pinterest
Share on whatsapp
Polo WhatsApp
Share on telegram
Ou polo Telegram
Share on email
Email

Deixa un comentario